AlgoEntreNós é un programa que se organiza en 5 etapas que se corresponden con 5 sesións de aula de 50 minutos.

Cada unha das 5 sesións organízase en torno a un reto ao que o alumnado deberá dar resposta. As sesións que se realizan son:

1

Poñendo caras

2

Iluminando a viaxe

3

Controlando a situación

4

Bailando as emocións

5

Recollendo para viaxar a vida

Para poder realizar cada unha das sesións contarás co seguinte material:

  1. Unha Unidade Didáctica para cada unha das sesións, onde facilitamos de maneira ampla a información necesaria para realizar a sesión tanto a nivel teórico como metodolóxico, así como orientacións para a súa execución.
  2. Un documento denominado pautas da sesión para cada unha das sesións, onde explicamos de maneira moi resumida todos os pasos necesarios para poder completar a sesión na aula. É un documento de consulta rápida e moi operativo no que explicamos os pasos a seguir na sesión para que podas desenvolvela sen dificultade.
  3. Un vídeo de presentación da sesión para reproducir na aula, onde presentamos ao alumnado a proposta de traballo e de actividades a realizar na sesión.
  4. Documentos de apoio para as sesións. En función do traballo a realizar en cada unha das sesións, facilitaremos unha serie de documentos de apoio que che axudarán ao seu desenvolvemento.
  5. Un vídeo do reto para reproducir na aula, onde presentamos ao alumnado o reto que deberán realizar durante a sesión.
  6. Un documento denominado formulario – reto da sesión para cada unha das sesións, para que cumprimentes durante a sesión e o subas á plataforma. Este documento será diferente en función do reto da sesión e consiste nun pdf descargable editable polo que podes cumprimentalo online ou, se o prefires, telo descargado na sesión e cumprimentalo a man.

Toda esta información e documentación estará dispoñible no apartado correspondente a cada unha das sesións.

  • Revisa a unidade didáctica da sesión correspondente.
  • Accede ao espazo da plataforma da sesión para familiarizarte coa mesma e con todo o material que che facilitamos.
  • Se tes dúbidas sobre a posta en funcionamento da sesión ou sobre calquera elemento da proposta didáctica, contacta co equipo docente.
  • Precisas ter a man ordenador e conexión a Internet.
  • Diríxete ao apartado da sesión que vas traballar, alí atoparás toda a información necesaria. O documento Pautas da sesión será de gran axuda.
  • Proxecta o vídeo de presentación da sesión.
  • Coordina, dinamiza e supervisa as actividades propostas no vídeo para a sesión. De ser necesario, terás material de apoio na sesión.
  • Proxecta o vídeo do reto da sesión.
  • Coordina, dinamiza e supervisa o reto a realizar na sesión proposto no vídeo.
  • Cumprimenta o formulario do reto da sesión. Nel recollerás o reto realizado polo alumando na sesión (é un documento pdf descargable editable poderás cumprimentalo online ou, se o prefires, telo descargado na sesión e cumprimentalo a man).
  • Anexa o formulario do reto da sesión a través da plataforma.
  • Cumprimenta o cuestionario de valoración sobre a sesión realizada.
  • Pulsa en enviar para facernos chegar os documentos e, posteriormente, en completa o reto!
  • Unha vez feito, abrirase a información da seguinte sesión e poderás ver no cadro resumo o avance no programa.
  • Poderás acceder aos documentos dos retos realizando logo de que o equipo de AlgoEntreNós o revise. Para facelo, empregaremos a Caixa de almacenaxe dispoñible na plataforma. Tes dúas formas de acceder a ela: 1) na lapela A miña conta, pulsando en Almacenaxe; e 2) na icona Caixa de almacenaxe que atoparás en cada unha das sesións.

A 5ª sesión é a última do programa. Está pensada para acompañar o peche do programa. Na mesma, repasamos o traballo feito en todas as sesións e propoñemos un reto que lles permitirá seguir a súa viaxe incorporando o botrato nas súas relacións.

Ao finalizala, deberás cumprimentar un formulario de avaliación final. O obxectivo a conseguir coa mesma é dobre:

  • Por unha banda, logramos información valiosa para testar e reformular o programa en base as propostas de mellora que recibamos.
  • Por outra, recollemos información sobre o nivel de sensibilización do alumnado sobre a violencia machista.

 

Que recibes ti?

  • Un informe individualizado de valoración e avaliación para cada grupo/aula, que se enviará a cada profesor/a. Este informe realizarase a partir da información que aporta o profesorado e o alumnado durante todo o programa.
  • Un informe avaliativo sobre os resultados de todo o programa.

 

Que recibe o alumnado?

A “maleta do botrato” será o resultado que recibe o alumnado como peche do programa. A partir da información que extraemos das actividades ou retos de todo o programa, elaboramos un póster dixital onde se resumen “tips” de botrato, para que o alumnado acceda a esta información e se reflexione sobre estes aprendizaxes en aula.