SOMOS unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro con ampla experiencia e formación no eido socioeducativo e na integración do enfoque de xénero nos procesos pedagóxicos e comunitarios.
A esencia de AtalaiAS é o desenvolvemento de proxectos desde un enfoque de xénero e experiencia no acompañamento en procesos socioeducativos dirixidos á comunidade educativa. Enfocamos os nosos proxectos dun xeito integral, na procura de construír un mapa educativo no que activar as potencialidades e recursos dos propios centros e persoas, dende o respecto e a confianza colectiva.
SOMOS unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro que actúa dende o ano 2018 no marco dos feminismos e da economía social deseñando e dinamizando procesos para a transformación social.
O noso traballo pretende contribuír ao avance da igualdade das mulleres en todos os ámbitos e á erradicación das violencias machistas, co obxectivo de acadar unha sociedade igualitaria que poña ás persoas e a súa vida no centro. Para conseguilo, impulsamos procesos educativos, de investigación e intervención social que pretenden tecer redes de participación e cooperativismo tendo en conta a perspectiva de xénero en todos eles.